A autopsia dunha parella

Hai anos, durante a gravación dun documental, un escritor español confesoume diante da cámara: “As veces a realidade imita a ficción... O autor trata de resolver os conflitos que a súa obra imponlle e nunca conta que, ademais deses problemas, teña que poñer unha solucción aos que a realidade lle impón”.

De ficción e realidade, da construción nun relato crible que poida ser aceptado para os protagonistas como para o espectador, vai o último filme de Justine Triet, Anatomía de una caída. Pero a película gañadora do último Festival de Cannes – Triet é a terceira directora en conseguila – e a gran triunfadora nos últimos Globos de Ouro, é sobre todo a dissección dunha relación matrimonial.

Sandra Huller interpreta a unha escritora alemá de éxito, que vive co seu marido Samuel (Samuel Theis) e o seu fillo invidente, Daniel (Milo Machado), nun chalé no medio dos Alpes franceses. Cando Samuel falece en circunstancias misteriosas, a investigación céntrase nela como única acusada. A partir de alí, vaise debullando un longuísimo xuízo onde cada detalle se desprega diante dos ollos do espectador. Os conflitos privados da parella –ambos escritores con bastante ego- , as aspiracións así como as frustracións de cada un, van a ser crucial na decifración do enigma. Mesmo as novelas de ficción dela e un borrador dunha obra del vanse a utilizar como probas. Ao longo de dúas horas e media, a vida real vaise mesturando coas reconstrucións de peritos e avogados, nun rompecabezas de incerta solucción. Todo é un teatro onde a verdade pode ser apartada para construír unha crónica que poida resultar probable, aceptable, aos actores do xuízo e á opinión pública.

Anatomía de unha caída é un filme ambiguo, inquietante e duro. Aborda o tema do rol de xénero dentro da parella, fala de agresión sexual e de como se xestiona adentro dun xuízo así como do papel do menor utilizado como testemuña.

A fotografía xélida de Simon Beaufils as veces vira ao estilo “reportaxe” e mantense fiel ao conto. A posta en escena é correcta, pero o que verdadeiramente marca a diferencia son os interpretes –incluíndo o can- e o guión escrito pola directora xunto co marido Arthur Harari e que está inspirado na novela do recentemente falecido Martin Amis.

Anatomía de una caída podería inscribirse perfectamente no xénero do drama xudicial, aínda que aborda o melodrama e o thriller cunha boa dose de suspenso. Foi unha das películas máis vistas de 2023 en Francia con máis dun millón de espectadores. En España chegou ás salas en decembro e aínda resiste na carteleira do cinema comercial. En Ourense poderá verse o mércores 24 de xaneiro, grazas ao Cineclube Padre Feijoo.

Te puede interesar