Os Bolechas seguirán sendo a imaxe do envase para nenos de Aguas de Mondariz

Os seis famosos irmáns galegos, Carlos, as xemelgas Loli e Pili, Braulio, Sonia, Tatá e o seu can, Chispa, seguirán sendo a imaxe do seu envase para nenos, tras a renovación do acordo entre Aguas de Mondariz e Bolanda, a editorial encargada dos Bolechas. A botella de 33 cl, cun cómodo tapón deportivo para facilitar a inxestión de auga aos máis pequenos, pode adquirirse nos supermercados e en diferentes cadeas de alimentación como Gadis, Alcampo ou Eroski de Galicia. Con esta iniciativa, Aguas de Mondariz ofrece unha alternativa saudable e divertida para saciar a sede das nenas e nenos, coidando ao máximo as propiedades únicas e inimitables da súa auga mineral natural. En liña coas medidas adoptadas polas autoridades sanitarias para a prevención da obesidade infantil, a marca Mondariz segue apostando por hábitos de vida saudables dende a infancia.

Os Bolechas son unha familia creada por Pepe Carreiro no ano 2000 e que pronto se converteu nun auténtico fenómeno editorial na nosa comunidade.

Te puede interesar