¡Buone visioni!

“Cazafantasmas”, aínda máis alá

No 2019, trinta anos despois da última entrega oficial dos Ghostbusters – e dun reeboot que non convenceu - chegou á gran pantalla o secuel directo Cazafantasmas: Más allá. Un ‘máis alá’ que tiña moitos significados. Máis alá da vida, como a tradución próxima ao título orixinal, afterlife. Pero tamén lonxe do escenario tradicional da serie, e  con e máis alá do reparto orixinal. Cun certo aire crepuscular ‘Stranger Things’, Cazafantasmas: Más allá, dirixida por Jason, o fillo de Ivan Reitman, respetaba á obra orixinal. O filme resultou disfrutable pero verdadeiramente o efecto nostalxia fixo de combustible. 

Con este novo capítulo dirixido por Gil Kenan, e guionizado outra vez por Jason Reitman, os novos protagonistas múdanse de Oklahoma para volver onde comezou todo: a cidade de Nova York. Alí atópanse cunha nova ameaza sobrenatural. Un ‘vilán cornudo’ decidido a conxelar o mundo. 

Ao longo das súas dúas horas de duración o filme intenta manter un equilibrio entre os anos oitenta e o presente. Pero a diferencia da anterior película non se centra case exclusivamente na nostalxia. Recupera as tinguiduras de comedia do primeiro capítulo da saga, e provoca máis risas e gags das que nos poderíamos esperar. A neta de Spengler, interpretada por McKenna Grace, é a verdadeira protagonista, aínda que Cazafantasmas: imperio helado é unha película coral. Paul Rudd, Carrie Coon, Finn Wolfhard, Logan Kim... dan vida á nova dinastía de ghostbusters, mentres Kumail Nanjiani e Emily Alyn Lind, recuperan e reactualizan a eses personaxes secundarios que foron creados por Segourney Weaver e Rick Moranis. 

Bill Murray, Ernie Hudson, Annie Potts e Dan Aykroyd, os superviventes da película orixinal, mestúranse cos novos, facendo algo máis que simples cameos. En especial, sorprende a interpretación de Aykroyd, totalmente crible no seu personaxe. Son suficientes as súas aparicións en pantalla para convencernos das esaxeracións demenciais que nos están mostrando. A estes personaxes reais habería que engadir os da outra dimensión: as pantasmas icónicas como Slimer, á bibliotecaria ou os marshmallows ademais de novas aparicións entre o gracioso e o molesto. 

O filme esfórzase moito en darnos unha mestura de terror e comedia, a base de escalofríos e risa, aínda que non sempre o consegue. A música de Dario Marianelli fai o mesmo, alternando os recoñecibles e sinxelos temas orixinais a outros máis magnilocuentes. 

Así que, definitivamente, Cazafantasmas: imperio helado é unha película correcta. Non sobresae por orixinalidade, por momentos o guión parece confeccionado pola intelixencia artificial e non sempre as escenas están ben resoltas, pero esta nova entrega é mais entrañable e menos encorsetada da anterior. Está feita para ser disfrutada en familia.

Te puede interesar