O presidente da RAG definiu ó escritor lucense como un 'patriota procedente da cultura clásica'

O Día das Letras do ano 2014, dedicado ó poeta Díaz Castro

Asistentes a homenaxe a Díaz Castro na Insua dos Poetas do Carballiño, en xullo do 2011. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O Día das Letras Galegas estará dedicado en 2014 á figura do poeta Xosé María Díaz Castro, segundo o acordo adoptado de forma maioritaria polos académicos da Real Academia Galega (RAG), informou o seu presidente, Xesús Alonso Montero. A elección de Díaz Castro, nacido en Os Vilares de Parga, en Guitiriz (Lugo) en 1914, coincidirá co centenario do nacemento deste poeta, 'un políglota extraordinario', segundo remarcou Montero, quen o definiu tamén como un poeta 'patriótico' e autor dunha poesía procedente da 'cultura clásica'.
A candidatura de Díaz Castro contou co respaldo da maioría dos académicos, nunha votación na que quedou como finalista o tamén poeta Fiz Vergara Vilariño. Falecido en Lugo en 1989, Díaz Castro, que estudou no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo, desenvolveu a súa actividade profesional en Madrid dende 1948 como profesor. Foi autor dunha única obra, o poemario 'Nimbos' (1961).

Malia iso, foi encadrado dentro da Xeración de 1936, xunto a poetas como Ricardo Carballo Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia Alvariño. Entre os seus poemas máis coñecidos está 'Penélope'. A este poema, referiuse, na descrición da traxectoria do poeta lucense, o presidente da RAG, quen sinalou que, malia ser un autor cunha obra 'breve', foi unha 'figura fundamental', engadiu en relación á influencia que tivo noutros escritores.

Te puede interesar