A posta en marcha dunha web adicada ó polifacético autor e pensador marca o inicio das actividades ante o 17 de maio

As letras galegas comezan ós actos de homenaxe á obra de Paz Andrade

O conselleuiro fala co intelectual Basilio Losada, en Santiago. (Foto: O. CORRAL)
O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad, presentou onte na Cidade da Cultura a aportación da Xunta á celebración do Día dás Letras o próximo 17 de maio, que se centra este ano na figura do polifacético pensador, escritor e ensaísta Valentín Paz-Andrade.
Ademáis de iniciativas propias e o apoio ás que xorden na sociedade sobre o autor deste ano, a Xunta participará no acto central organizado pola Real Academia Galega (RAG) e no institucional que presidirá o titular do Goberno galego, no Centro Integrado de Formación Profesional Paz-Andrade, de Vigo, onde se inaugurará unha exposición multimedia.

Vázquez Abad explicou que o programa da Xunta para as celebracións das Letras Galegas pretende 'achegar a miles de cidadáns de todos os concellos de Galicia, e tamén doutras Comunidades, a vida e obra de Paz-Andrade'.

As actividades arrincaron coa posta en marcha da web do autor (http://www.valentinpazandrade.es), 'un motor para as múltiples actividades que se xeran desde asociacións e entidades de todo tipo', segundo dixo Vázquez Abad.

Tamén destacou as pezas audiovisuais construídas sobre os versos de Valentín Paz-Andrade en colaboración coa TVG, a campaña institucional de promoción da súa figura, o documental 'Paz-Andrade. Cen chaves de luz' e a xira dos grupos Xardín desordenado e Tender a Man, que percorrerá diversas localidades galegas con versos musicados do autor ao que se rende homenaxe.


NO EXTERIOR

Outras iniciativas diríxense ao exterior, coordinadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, ou se promocionan desde a rede de bibliotecas galegas e centros educativos, con actividades programadas con motivo das Letras Galegas.

Dentro das celebraciós destaca ademáis a elaboración dun telexornal sobre Valentín Paz-Andrade por reporteiros infantís de cursos de Primaria ou as unidades interactivas construídas por profesores para indagar na figura do polifacético autor vigués.

Te puede interesar