Máis de 3.600 persoas farán os exames de Lingua Galega

A Xunta de Galicia puxo en marcha esta fin de semana as probas para a obtención da Certificación de Coñecemento da Lingua Galega (Celga), nas que están matriculadas 3.660 persoas tanto en Galicia coma no resto de España. Os primeiros exames, correspondentes ao Celga 4 e ao Celga 2, comenzaron onte sábado e hoxe habrá novos exámenes. As probas de nivel 3 e 1 terán lugar a próxima fin de semana. As persoas matriculadas para examinarse do Celga 1 suman 244, as inscritas no Celga 2 ascenden a 1.028, as do Celga 3 alcanzan as 952 e as do Celga 4 son 1.436. Delas, 248 examinaranse fóra de Galicia.
As probas Celga realizaranse, como vén sendo habitual, en nove cidades de Galicia e de España. En Galicia terán lugar nas escolas oficiais de idiomas de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

Te puede interesar