Neira Vilas, 'Arraiano Maior' pola traxectoria vital e literaria

Xosé Neira Vilas foi nomeado 'Arraiano Maior' 2013 pola Asociación Arraianos, en recoñecemento á traxectoria vital e literaria do autor de 'Memorias dun neno labrego'. O evento consistiu na lectura do Manifesto Arraiano, unha visita ás instalacións da Fundación, un recital de poemas e textos do autor premiado, e unha comida oficial.
Pola súa parte, Xesús Alonso Montero, gañador do mesmo título o ano pasado, foi o encargado de entregar a Neira Cruz o diploma, boina e aguilloada tradicionais.

Con esta distinción, que empezaron a entregar en 2009, o colectivo Arraianos premia o labor das persoas que traballaron 'a favor da cultura da raia galaico-portuguesa', informou a Xunta de Galicia. Así, neste ano 2013, o galardoado foi o escritor Neira Vilas por romper 'moitas barreiras e fronteiras coa súa obra'.

Te puede interesar