Novas axudas para os recursos didácticos en lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística e a xunta directiva da Asociación Galega de Editores mantiveron onte un encontro para avanzar na colaboración entre as dúas entidades e na difusión da lingua galega. Á xuntanza asistiron, en representación da AGE, o seu presidente, Manuel Bragado; a vicepresidenta, Belén López; e a secretaria Laura Rodríguez.
Durante a reunión, Anxo Lorenzo informou a directiva da AGE do estado das axudas que a secretaría xeral destina á edición en lingua galega de recursos didácticos, e aseguroulles que esta liña de subvencións se restablecerá antes de fin de ano a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Anxo Lorenzo destacou a gran calidade dos libros de texto galegos, así como a contribución das empresas do sector á formación en galego e ao prestixio do sistema de ensino.

Ante as preocupacións expresadas polos representantes da AGE sobre a situación do sector editorial, Lorenzo avogou pola necesidade de realizar un esforzo no apoio ó sector e en buscar novas estratexias de cooperación que lles permitan afrontar os novos retos.

Te puede interesar