ESTUDIO DE LA OMS
Un mayor control del alcohol podría evitar diez mil muertes
Os galegos xa elexiron a palabra do ano. "Tanxugueiras" foi o vocábulo máis votado na web da Real Academia Galega e impuxose a outras palabras como coada, gromo, resiliencia e vacinódromo. A súa popularidade foi incrementando nos últimos meses grazas a Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, que forman a banda galega que aspira a participal no festival Eurovisión.
A RAG sinala que malia non estar no diccionario, Tanxugueiras é o plural dun microtopónimo. En concreto, designa unhas terras da parroquia de Fumaces, no concello ourensán de Riós. Tamén hai outro lugares co mesmo nome nos concellos de Catoira (Pontevedra), Dodro (A Coruña) e, de volta na provincia, en Viana do Bolo.
A Academia Galega sinala que Tanxugueira é unha alteración da forma etimolóxica Teixugueira, un zootopónimo común no país que sinala os sitios onde hai presenza ou abundancia de teixugos ou porco teixo.
A pandemia tamén marcou a votación da "Palabra do Ano 2021". Os vocábulos vacinódromo, gromo e resiliencia foron das máis votadas polos galegos. A última sinala a capacidade dos seres humanos para adaptarse de forma positiva ás situación adversas, como fixeron os galegos estos últimos meses. Vacinódromo é un dos neoloxismos do ano e dá nome ao lugar que acudiron as personas en peregrinación a vacinarse contra a covid-19.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESTUDIO DE LA OMS
Un mayor control del alcohol podría evitar diez mil muertes
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
TELÉFONOS MÓVILES Y CUENTAS BANCARIAS
“NFC inverso”, la estafa técnica que se extiende por los países de Europa
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Emilio Muñiz, crónicas dende Tetuán
Lo último
ADERCOU Y SIL BIBEI NAVEA
Los GDR defienden la candidatura de la Ribeira Sacra en la Unesco
MÁS DEPORTE
Reyes y reinas de la doma en Galicia