A Real Academia Galega celebrará na cidade o seu pleno extraordinario e descubrirase unha placa

Valentín Paz Andrade fará de Vigo a capital das Letras

Pilar, a viuva de Paz Andrade. (Foto: LYDIA MIRANDA)
A celebración do Día das Letras Galegas mañán xoves, adicado este ano a Valentín Paz Andrade, convertirá a cidade no centro da literatura galega, xa que o ser a poboación de referencia do homenaxeado, congregará os actos conmemorativos.
Así, a axenda comezará ás 11 horas, na rúa Policarpo Sanz, 22. Alí no edificio Sanchón descubrirase unha placa adicada ao intelectual, pois era onde tiña o seu despacho de avogado.

Unha hora máis tarde, ao mediodía, a Real Academia Galega celebrará a súa sesión plenaria extraordinaria e pública na sede da Fundación Barrié de la Maza, no número 31 da mesma rúa. A orde do día contará coas intervencións de Xavier Vence, Manuel Rivas, Ramón Villares Paz, Xosé Ramón Barreiro e Xesús Alonso Montero. Pechará o acto o presidente da RAC, Xosé Luis Méndez Ferrín.

As celebracións oficiais do día das Letras trasladaranse ao centro educativo de Formación Profesional Valentín Paz Andrade, sito na Estrada Vella de Madrid, número 60, onde a Xunta de Galicia organizará o seu acto de homenaxe, ás 13.30 horas. Con esta programación ponse a guinda as actividades desenvolvidas en toda Galicia co gallo do Día das Letras Galegas e que comezaron onte coa inauguración dunha exposición da sala de arte do Centro Cultural Novacaixagalicia, onde permanecerá aberta ata o 8 de xullo.


GALIZA COMO TAREFA

A exposición 'Valentín Paz- Andrade. Galiza como tarefa' reuníu aos primeiros loitadores pola democracia, a representantes do mundo da cultura e da política, además da súa dona Pilar Rodríguez Prado, viuva de Paz Andrade, mantívose de pé durante toda a inauguración adicada ao seu home no centro Cultural Novacaixagalicia. 'Arrepíntome de moitas cousas na miña vida, pero nunca de ter casado con el', confesou. Vestida de azul claro e sostida por dúas muletas, recibía saúdos e bicos de tódolos presentes. 'Síntome contenta e agradecida por este tipo de actos, pero sobre todo pola xente humilde, a do pobo, que se achega a agradecerme o que Valentín fixo por eles.

Te puede interesar