Vicente Araguas saca do prelo un novo libro, 'Miudiños'

O escritor a músico Vicente Araguas ven de sacar do prelo un novo libro, 'Miudiños: Escolma 2001-2012'. Nesta obra, que xa forma parte da Biblioteca de Ferrolterra, da Editorial Embora, Araguas presenta unha escolma de artigos que publicou no xornal Diario de Ferrol entre os anos 2001 e finais de 2011.
Nestas colaboracións Vicente Araguas reflicte o seu ollar dun tempo no que 'fun tan feliz como soamente se pode selo cando se escribe para os de casa, desde casa (por máis que a miña estea a seiscentos kilómetros de Xuvia-Neda, onde nacín, ou da rúa do Carme, de Ferrol, onde botei os meus primeiros invernos)'.

Así define Araguas este traballo no prólogo que da entrada á obra, un retorno agarimoso e unha lembranza daquelo que lle chamaba a atención e que plasmaba día a día nunha sección fixa que tiña na última página do Diario de Ferrol e que se titulaba 'Miudiños'.

Neste libro, Vicente Araguas ofrécenos unha selección de 150 'miudiños' dos arredor de tres mil cincocentos que publicou ao longo daqueles anos e cuxo contido vira, salvo unhas poucas excepcións, arredor de Ferrol e bisbarra.

Te puede interesar