A vixencia do obra de Rosalía, presente na Cidade da Culura

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou onte na Biblioteca de Galicia a exposición 'Rosalía de Castro. 150 aniversario de Cantares Gallegos', e destacou a importancia que o ano 2013 ten para a cultura galega.
A mostra, que conmemora os 150 anos da primeira edición da obra da padronesa, está centrada no poemario de Rosalía e propón un percorrido pola súa obra a través das súas edicións desde 1863 ata a actualidade. Permanecerá aberta ata o próximo xullo, e acompaña a mostra 'Orinoco. Viaxe a un mundo perdido', no Museo de Galicia, e 'Patrimonio documentado: a protección e intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos', que se inaugura mañá.

En canto a mostra 'Emoción-Razón: A gran dualidade' do ourensán Ramón Conde , vive os seus últimos días no Gaiás.

Te puede interesar