¡Buone visioni!

Un western sen balas

El poder del perro é un western sen balas, una película do Oeste forxada sobre o silencio e os duelos psicolóxicos.

Despois dun fugaz paso nas salas de cine a finais de novembro, El poder del perro xa está disponible en Netflix. Dirixe Jane Campion, a primeira muller en gañar a Palma de Oro en Cannes co filme El piano (1993) e unha das poucas mulleres cineastas que optaron ao Oscar á Mellor Dirección. Ambientado en Montana no 1925 –aínda que se rodou case íntegramente en Nova Zelanda– o filme preséntanos uns personaxes ambiguos, dous irmáns cun carácter moi oposto, Phil e George Burbank. O matrimonio de George con Rose, a viúda do pobo, e a chegada ao rancho familar do fillo dela, cambiará o destino de todos.

El poder del perro é un western sen balas, una película do Oeste forxada sobre o silencio e os duelos psicolóxicos. Jane Campion vai derribando os esteorotipos de xénero quirúrxicamente. Tira e afrouxa a corda do desexo entre as persoaxes con tiróns case imperceptibles pero mantendo sempre o absoluto control sobre o espectador en todo o relato. Unha tensión in crescendo que acelera de súpeto, nos últimos quince minutos do filme. Jonny Greenwood, guirarrista de Radiohead e xa compositor en Pozos de ambición de Paul Thomas Anderson, acompaña cunha banda sonora hipnótica o misterio que se vai desvelando ao longo de dúas horas. A magnífica fotografía de Ari Wegner regálanos unha paisaxe áspera pero á vez moi evocadora. Nos espazos pechados, poténcianse as contraluces, os claroscuros, conferindo un toque gótico ao melodrama.

Jane Campion parece atoparse moi cómoda nesta adaptación da novela western de Thomas Savage, traendo de forma renovada os temas que a fixeron célebre: o desexo sexual e o amor, a violencia e o poder, entre outros. El poder del perro tamén fala da represión da homosexualidade no mundo vaqueiro, pero a fórmula de retratar esta realidade é moito máis escura, sitúase moi lonxe do romanticismo lacónico de Brokeback Mountain (2005) de Ang Lee.

El poder del perro entusiasmou á crítica no Festival de Venecia e está entre as posibles nomeadas aos Oscar 2022 en distintas categorías. É unha magoa que poucos cines apostaron por ela. É un filme que se disfruta plenamente só en pantalla grande. Ademáis é sen dubida un dos mellores filmes de Campion xunto con El piano, Un Ángel en mi mesa (1990) e En carne viva (2003). Este último, un thriller quizáis demasiado sobersivo pola época e que se tendría volver a ver agora con outra mirada.

Un documental do camiño

A produtora ourensá Boneca Lareta acaba de estrear O Camiño Portugués, unha nova mini-serie documental que percorre o Camiño de Santiago desde Rubiaes ata Compostela. 6 capítulos dirixidos por Aitor Rei e coa direción de fotografía de Mighele de Currás, que relatan as distintas experiencias de peregrinos e peregrinas. A voz do actor Luis Iglesia acompaña o espectador nesta viaxe. O proxecto realizouse ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022, e os capítulos atópanse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Te puede interesar