GASTRONOMÍA

Estrella Galicia lanza unha edición especial con motivo das festas do Entroido

La edición especial de Estrella Galicia para Carnaval
photo_camera La edición especial de Estrella Galicia para Carnaval

Hijos de Rivera lanzou unha edición especial de botellas da súa marca Estrella Galicia con motivo do Entroido

Hijos de Rivera lanzou unha edición especial de botellas da súa marca Estrella Galicia con motivo do Entroido.

'Estrella Galicia destapa o Carnaval' é o slogan co que a marca de cervexa galega se presenta nesta ocasión. Os colariños e etiquetas da marca "parece permitir de forma simbólica que o consumidor retire a etiqueta habitual da marca para mostrar un deseño de vivas cores co que celebrar estas festas", engade.

A nova edición especial de 'Estrella Galicia de Carnaval' está dispoñible nos establecementos de hostalaría de toda España, "e especialmente naqueles puntos do país onde o Carnaval conta cunha tradición máis arraigada", explica.

En total, envasáronse 3 millóns de botellas retornables de 33 centílitros, que permanecerán no mercado unicamente ata mediados do mes de marzo.

Te puede interesar