EL TIEMPO

Alternancia de nubes e claros e ceo cuberto co avance do día

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios significativos

Unha fronte irase achegando a Galicia durante este domingo, de modo que espera alternancia de nubes e claros nas primeiras horas e co avance do día se irá cubrindo o ceo polo Oeste, con chuvias que empezarán nas horas centrais do día na metade Oeste e que se estenderán cara á noite a toda a comunidade.

Segundo a información de MeteoGalicia, departamento que depende da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente Sur, moderado en xeral, forte con intervalos moi fortes no litoral e nas zonas altas.

Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios significativos. Así, as máximas subirán ata os 17 graos en Pontevedra, mentres que as temperaturas mínimas baixarán ata os tres graos en Lugo.

Te puede interesar