EL TIEMPO

Lluvias constantes durante el viernes

Las temperaturas irán en descenso en la provincia de Ourense

Galicia quedará este venres baixo a influencia dunha borrasca que se move polo Cantábrico, o que traerá ceos con intervalos nubrados e chuvascos xeneralizados, ocasionalmente de intensidade forte e acompañados de aparato eléctrico e sarabia.

Segundo a información de Meteogalicia, o vento soprará frouxo do noroeste, forte no litoral e zonas altas e frouxo no interior. As temperaturas descenderán, especialmente as máximas, e a cota de neve estará nos 1.000 metros a primeira hora e descenderá ata os 400 metros pola noite.

Así, por cidades, as mínimas oscilarán entre os 5 graos de Lugo, Santiago e Pontevedra e os 7 graos da Coruña e Ourense, mentres que as máximas estarán entre os 11 graos de Ferrol e Vigo e os 8 de Lugo.
 

Te puede interesar