EL TIEMPO

Ourense chegará aos 34 grados durante o mércores

Ourense. 07-06-16. Local. Fotos de Calor en Ourense.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Ourensáns disfrutando da piscina termal de As Burgas, na tarde deste martes. (XESÚS FARIÑAS)

A mínima na provincia será de 15 grados.

A situación meteorolóxica para este mércores estará caracterizada polas altas presións e a entrada de aire cálido procedente do sur. Deste xeito, os ceos estarán en xeral pouco anubrados ou despexados, con entrada de brumas costeiras.

Segundo a información de Meteogalicia, que depende da Consellería de Medio Ambiente, as temperaturas tenderán a ascender, tanto as mínimas como as máximas, con intensa sensación de calor pola tarde no interior da Comunidade galega. Os ventos, pola súa banda, soprarán frouxos, con dirección variable.

Deste xeito, alcanzaranse os 34 graos en Ourense, onde a mínima estará en 15 graos; mentres que Lugo, con esa mesma temperatura máis baixa, subirá ata os 30 graos nas horas centrais. Santiago, con 27 graos, marcará outra das temperaturas máis altas da xornada do mércores, mentres que en Pontevedra e Ferrol quedarán en 25 graos, Vigo en 24 e A Coruña en 23.

Te puede interesar