EL TIEMPO

Tempo seco e temperaturas máximas en lixeiro ascenso

As temperaturas ascenderán lixeiramente no sur. 

Galicia continuará este mércores baixo a influencia das altas presións e ademais irase achegando aire cálido dende o sur peninsular, polo que espera tempo seco e de calor.

Así, Meteogalicia informa de que os ceos permanecerán pouco anubrados ou despexados en xeral, con bancos de néboa matinais pouco persistentes e intervalos de nubes altas pola tarde e a noite.

As temperaturas mínimas descenderán no norte e ascenderán lixeiramente no sur, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso.

O vento soprará frouxo do nordés, moderado no litoral noroeste, onde alcanzará intervalos fortes na Costa da Morte pola tarde, e con réxime de brisas nas Rías Baixas.

Te puede interesar