Manzaneda prevén incendios coa limpeza nas súas estradas

O concello de Manzaneda comezou nestes días a prevención e defensa contra incendios forestais.

Unha empresa especializada da comarca, é a encargada de realizar a xestión de biomasa a cada lado da estrada municipal comezando no núcleo da Corredoira cara a Estación de Montaña Manzaneda.

Ditas actuacións nesta estrada son feitas por elección do concello ao sinalala como prioritaria para a limpeza de 10 kilómetros. A proposta sae do terceiro acordo ao convenio de colaboración subscrito entre Xunta de Galicia, Fegamp e Concello de Manzaneda, en materia de prevención contra incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa limpando as marxes das vías secundarias.

Te puede interesar