Xornadas de benestar en Manzaneda polo 25-N

As usuarias aprenderán a tomar consciencia desde o autocoidado na búsqueda de sensacións positivas

Traballando o bo trato individual e colectivo desde un punto de vista experimental, levaránse a cabo tres actividades diferentes pero ligadas entre sí nesta semana no concello de Manzaneda, todas elas destinadas a mulleres adultas e dentro do marco dos actos polo ‘Día da Eliminación da Violencia Contra a Muller’.

Organizados desde o Centro de Información á Muller, estes tres obradoiros serán dirixidos por Outonía Sociedade Cooperativa. Tania Sánchez Gómez, socia desta recente cooperativa, explica que se basan nunha metodoloxía socioafectiva, “entendendo que cada unha ten os seus tempos , buscamos sensacións positivas, tomando consciencia de como cambiar o que non encaixa nas nosas vidas”

As actividades desenvólvense en tres días diferentes, de 18,00 a 20,00 horas, tentando que teñan unha continuidade. Así o mércores, día 17, da comenzo a primeira toma de contacto aprendendo algo de autocoidado centrado nun clima favorable basándose no xogo, segundo sinala Tania Sánchez.  A tarde do xoves, as asistentes elaborarán unha crema facial e coñecerán máis sobre a autosensibilización. Por último, o 19 empregarán o contacto coa natureza na búsqueda de emocións. As prazas son limitadas

Te puede interesar