UNIVERSIDAD

O Baixo Miño, destino da próxima ruta cultural

O sábado, 12 de xaneiro, terá lugar a quinta andaina universitaria deste curso académico baixo o título "Fortalezas e observación de aves

2019 xa está en marcha e en marcha póñese tamén esta semana a programación de rutas culturais deste ano, organizada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo. O sábado, 12 de xaneiro, terá lugar a quinta andaina universitaria deste curso académico baixo o título "Fortalezas e observación de aves" e tendo como escenario O Baixo Miño, en Pontevedra.

Cunha dificultade media-baixa e 17 quilómetros de percorrido, a andaina inclúe paradas interpretativas para coñecer as singulares construcións fronteirizas da zona, como o forte de Lovelhe e a fortaleza de Goián, así como unha actividade de observación de aves na contorna do esteiro do río Miño, un dos humidais máis importantes da península coa confluencia de dous ecosistemas, o fluvial e o marítimo.

“É un itinerario moi bonito, moi variado, xa que ten un parte de monte, en Santa Tegra, na Guarda, e logo discorre ao carón do mar”, comenta José García-Calvo, Willy, coordinador dos roteiros universitarios desde o campus de Ourense.

Te puede interesar