Universidade

O Campus Remoto da UVigo suma 2,5 millóns de conexións

O Campus Remoto da UVigo permite participar nas clases dende calquera ubicación.
photo_camera O Campus Remoto da UVigo permite participar nas clases dende calquera ubicación.
Esta plataforma e o portal Moovi creáronse para dar resposta ao ensino non presencial pola covid

Un dos últimos servizos postos en marcha pola Universidade de Vigo, marcado polo inicio da pandemia, cumple ano e medio en funcionamento con moi bos resultados. O Campus Remoto da UVigo supera as 2,5 millóns de conexións ao longo dese tempono e medio despois da súa posta en servizo. 

O portal de teledocencia Moovi recolle outra boa acollida entre a comunidade educativa. A súa actividade comenzou ao inicio do curso pasado, o 2020-21  e suma hoxe 185.044 matrículas en cursos activos. A suspensión da actividade docente presencial por mor da covid-19 en marzo do ano 2020, levou a institución académica viguesa a poñer en marcha Campus Remoto, un “xemelgo dixital” da propia universidade, no que están representados os seus diferentes servizos, facultades e escolas. 

Xerado sobre unha plataforma propia baseada en código aberto Big Blue Button (BBB), o Campus Remoto suma actualmente 2.603 aulas e 2.895 despachos creados, nos que se realizaron case 17.000 gravacións de clases, vídeos educativos e actos académicos. “Desde a súa posta en servizo, rexistráronse 26.134 usuarios e usuarias autenticados, entre persoal docente e alumnado matriculado. Ademais destes, hai moitos usuarios ‘sen autenticar’ que o utilizan de xeito esporádico nas salas públicas para eventos como congresos, reunións de persoal investigador e lecturas de teses de doutoramento”, detalla José Luis Míguez Tabarés, vicerreitor de Planificación e Sostenibilidade da UVigo. 

Pola outra banda, Moovi, que é o portal de teledocencia baseado na última versión dispoñible de Moodle, totaliza 185.044 matrículas en cursos activos e un total de 31.832 usuarios diferentes. Esta cifra engádense a uns catro millóns de notificacións dentro da plataforma, que son basicamente de dous tipos. Uns son as mensaxes que os docentes lle envían ao alumnado e outras son as que se xera automaticamente Moovi. Un exemplo disto último pode ser un recordatorio da data de entrega dun exercicio dunha materia. 

Así mesmo, o portal de teledocencia que substitúe a Faitic rexistra a día de hoxe 5.353 instalacións da aplicación de Moodle, ao tempo que se enviaron preto dun millón -947.000- de notificacións a dispositivos móbiles. “Isto amosa a estupenda acollida do alumnado a esta versión dixital nos seus dispositivos móbiles, tipo smartphone para seguir a docencia e as notificacións que se envían”, valora o vicerreitor de Planificación e Sostenibilidade.

Unha aposta clara polo emprego das tecnoloxías

A aposta da UVigo polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de comunicación, así como pola transformación dixital e o ensino virtual fíxoa merecedora do Premio Anxians 2021, outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia. Este galardón premia a aposta da Universidade de Vigo polas infraestruturas TIC dentro do seu Plan estratéxico 2021-2026 para promover a transformación dixital da institución, ademais do esforzo realizado para potenciar o ensino virtual, o desenvolvemento da sociedade do coñecemento e a expansión e o emprego destas tecnoloxías no ámbito da docencia. “Estamos moi satisfeitos polo premio Anxians 2021, que representa o esforzo continuado realizado polos Servizos Informáticos da UVigo co enxeñeiro de telecomunicación Juan Aguiar á fronte”, sinala Míguez, que no caso de Campus Remoto destaca o traballo de soporte e de desenvolvemento de novas aplicacións realizado polo equipo de UVigoTV-Teltek, baixo a coordinación do tamén enxeñeiro de telecomunicación, Vicente Goyanes.

O vicerreitor de Planificación e Sostibilidade lembra ademais a recente concesión a Campus Remoto do rexistro de software USA, “que é como as patentes, pero para programas informáticos, onde se protexen desenvolvementos propios aínda que sexan sobre software libre”, detalla.

Te puede interesar