O Campus celebrou o Día de Rosalía cun video elaborado por estudantes da facultade de Educación no que len o poema "Miña Santiña". A conmemoración da efeméride da escritora galega continuará nas próximas semanas, con máis pezas audivisuais que se publicarán na web da UVigo.
A Facultade de Educación e Traballo Social é a organizadora destas actividades nun Campus no que, precisamente, a biblioteca leva o nome de Rosalía de Castro. "Cremos que reivindicar a voz da escritora fundacional da literatura galega contemporánea é unha necesidade e unha forma tamén de crear cohesión social e de recoñecérmonos e reivindicármonos", explica Isabel Mociño, profesora de Educación.
O video de "Miña santiña" foi elaborado polas alumnas de segundo curso do Grao en Educación Primaria da Facultade de Educación e Traballo Social Paula Abril, Naiara Alborés, Alba Álvarez, Anahí Barros e Cándida Beloso. Recitaron o poema e transforman en ilustracións os versos que se escoitan.