Día das Letras Galegas

A facultade de Xela Arias lembra o paso da poeta pola institución

Xela Arias
photo_camera Xela Arias.
Ana Iglesias, profesora do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, fai un repaso pola sua traxectoria

Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003) foi poeta, tradutora, editora, narradora e profesora, e tamén alumna de Filoloxía Hispánica durante varios anos na Universidade de Vigo. Por este motivo, o Día das Letras Galegas 2021, dedicado á autora lucense, "ten un significado especial", salientan desde a institución académica. 

Así que, en homenaxe a Arias, Ana Iglesias, profesora do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, fai un repaso pola traxectoria persoal, profesional e literaria dunha "poeta sen xeración que destacou pola súa valentía", sinala.

Cando, no curso 1991-92, Arias chegou ás aulas do Cuvi (daquela Colexio Universitario de Vigo), a estudar Filoloxía, xa era a poeta urbana e transgresora creadora de "Denuncia do equilibrio" e "Tigres coma cabalos". 

Jorge Amado, Castelo Branco, Gianni Rodari, James Joyce, Baudelaire, Roald Dahl ou Bran Stoker son algúns dos autores cos que ela dialogou nesa tarefa de construír un fondo bibliográfico na lingua galega, labor que ela centraba ademais na xuventude, sabedora de que nela reside o futuro.

Te puede interesar