O Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento da UVigo é unha liña mestra da especialización do Campus da Auga. De aquí sairán os futuros investigadores expertos na materia da auga. José Eugenio López colleu o relevo da coordinación do programa dende hai uns meses.
O Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento da UVigo é unha liña mestra da especialización do Campus da Auga. De aquí sairán os futuros investigadores expertos na materia da auga. José Eugenio López colleu o relevo da coordinación do programa dende hai uns meses. "Estamos satisfeitos, pouco a pouco", valora. Agradece a herdanza do anterior coordinador, Javier Rodríguez Rajo. "Foi o que levou a parte máis dura, a daimplantación". É que o doutoramento empezou no curso 2017-2018. É un programa internacional do que forman parte 134 investigadores.
Cal é a importancia do doutoramento dentro da especialización do Campus?
O doutoramento é unha parte esencial da formación universitaria. A universidade ten que chegar ao máximo nivel de coñecemento. Dános a formación de investigadores e doutores ao máximo nivel de formación. Hai que darse conta de que na formación a nivel doutoral estamos moi cerca da investigación científica.
Que liñas de investigación seguen os alumnos?
As liñas mestras son as de sustentabilidade, auga e desenvolvemento. Cada unha agrupa moitas outras liñas. Aínda que a auga é o marco xeral.
De que titulación procede a maioría de estudantes?
De tódolos ámbitos, pero máis o xurídico.
Non é máis complicado chegar a este ámbito que ao científico?
Hai esa percepción de auga como medio físico, pero é moito máis. Ten socioloxía, dereito... Os códigos xurídicos máis antigos eran sobre o dereito a auga e como se reparte.
Son dous anos de programa, cal é a valoración do crecemento?
Os programas de doutoramento teñen perspectiva longa, non se pode plantear a formación a corto plazo. Unha tese lese aos tres anos. Non houbo tempo de desenvolver o potencial do programa, que é moito.
Hai 15 alumnos para 25 prazas. Suficiente?
De momento é suficiente. Pero hai dúas estratexias: divulgar e aumentar a oferta e aumentar as bolsas de formación.
Que bolsas ten actualmente o alumnado?
Incrementamos a porcentaxe de orzamentos para bolsas. 4.700 euros. Cubren basicamente gastos de viaxe. O noso desexo é dar un porcentaxe maior.
E o aumento da oferta. Que actividades propoñen?
Hai cinco actividades e este ano propoñemos oito máis. Ecoloxía fluvial, eficiencia no uso auga, auga e enerxía, perspectivas xurídicas....
Búscase a colaboración con outras universidades?
Si, aumentaremos a rede de colaboracion internacional.
E coas empresas?
Si. Xa hai un doutrado industrial e temos contactos con Orember.
Que é o máis urxente?
Ampliar contactos e facer divulgación para aumentar a matrícula. É un problema xeral desta provincia e de Galicia. A crise demográfica afecta a tódolos eidos. Tamén é importante unha masa crítica coa incorporación de doutores de Portugal e doutras zonas de Europa.
Máis colaboración ou cartos?
Facilitar as bolsas de viaxe é moi importante, pero tamén o contacto coas universidades.