Unha trintena de alumnos aprenden a facer ficción literaria

Desde mediados do mes de setembro, a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle, a través do Campus Remoto da UVigo, o desenvolvemento dunha nova edición do curso de extensión universitaria "Didáctica da ficción e creación literaria". Nel, unha trintena de alumnos e alumnas do centro aprenden, de xeito teórico e práctico, a mellorar as súas capacidades literarias e narrativas.

A iniciativa está dirixida pola profesora do departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo Ana Iglesias e o profesor xubilado tamén da UVigo e promotor do curso desde as súas orixes Ramón Gutiérrez. A docencia corre a cargo deles dous e do escritor Xosé Carlos Caneiro. 

A pesar de estar aberta a matrícula a toda a comunidade universitaria, a trintena de persoas inscritas, apuntan desde a organización da actividade, responde a un perfil maioritario de alumnado de terceiro e cuarto curso tanto do grao en Educación Infantil como do grao en Educación Primaria do campus de Ourense. Tamén hai, engaden, algúns graduados e graduadas destas titulacións. "Pensamos que para o futuro profesorado tanto de Infantil coma de Primaria a escrita creativa é unha destreza interesante de adquirir", indica Ana Iglesias.

Te puede interesar