A UVigo ofrece axudas ao estudo para refuxiados

El Campus de la UVigo en Ourense, en un día con sol. (José Paz)
photo_camera El Campus de la UVigo en Ourense, en un día con sol. (José Paz)
A convocatoria de axudas para refuxiados, que acada este curso a súa terceira edición, beneficiou nos cursos 2021-2022 e 2022-203 a nove estudantes, procedentes de Afganistán, Ucraína, Venezuela e Palestina

O estudantado beneficiario ou solicitante de protección internacional, apátrida ou en situación temporal afectado polo conflito de Ucraína ten de prazo ata o vindeiro 31 de xullo para solicitar as bolsas que convoca a UVigo, para a realización de estudos universitarios, preferentemente oficiais, que faciliten a súa integración no país. A convocatoria, que acada este curso a súa terceira edición, beneficiou nos cursos 2021-2022 e 2022-203 a nove estudantes, procedentes de Afganistán, Ucraína, Venezuela e Palestina.

A UVigo destina 20.000 euros a esta terceira convocatoria de bolsas a axuda máxima individual de 3.000 euros, unha cantidade que inclúe os prezos públicos por servizos académicos e administrativos correspondentes á matrícula; unha contía máxima de 2.000 euros para todo o curso en concepto de axuda para gastos derivados da actividade académica e un curso de galego ou castelán, impartidos pola Área de Normalización Lingüística e o Centro de Linguas da UVigo, respectivamente.

“Unha universidade socialmente responsable, comprometida e inclusiva non pode ignorar a realidade que están a sufrir as persoas refuxiadas e solicitantes de protección internacional e a educación superior pode contribuír notablemente a súa integración e éxito laboral, así, como elas, poden contribuír co seu talento á sociedade na que se integran”, afirma Maribel Doval, vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade da UVigo en relación con esta convocatoria.

Os estudantes beneficiarios das bolsas deberán matricularse no curso 23/24 antes do 15 novembro de 2023 nalgunha titulación oficial.

Te puede interesar