Universidad

Volven as graduacións, con PCR e retransmisión online

Graduación presencial da Escola de Enxeñaría Informática, en 2019 (ÓSCAR PINAL).
photo_camera Graduación presencial da Escola de Enxeñaría Informática, en 2019 (ÓSCAR PINAL).
Enfermería inaugura hoxe o regreso destes actos presenciais ao Campus, que seguen ata xullo

olven as graduacións ao Campus, aínda que marcadas polas restricións da pandemia. O alumnado da Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense será o que abra a xeira de graduacións. A súa oitava promoción, formada por 46 estudantes, celebrará hoxe o seu acto de fin de estudos no salón Marie Curie do Edificio Politécnico do Campus. A madriña elixida é a profesora do centro Mª José Menor.

Como centro con maior número de alumnado e titulacións no campus de Ourense, a Facultade de Educación e Traballo Social será a que máis graduacións acolla (catro) e a que gradúe a máis estudantes (un total de 248). O venres 11 de xuño, en diferente horario, terán lugar os actos das novas promocións de Educación Social (formada por 64 persoas), e Educación Infantil (composta por 62 estudantes ). O seguinte venres, o 18 , seguiranlle Traballo Social (formada por 57 estudantes) e Educación Primaria (con 65 egresados). Os eventos serán retransmitidos en directo pola páxina en Facebook da facultade. Como particularidade, nas semanas previas ao evento, o alumnado que asistirá deberá facer unha proba PCR salivar que poderá recoller e entregar no propio centro.

O 11 de xuño será a graduación do alumnado de Ciencias, no edificio Politécnico. Neste caso, festexerán o remate dos seus estudos as novas promocións de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (formada por 24 estudantes), de Enxeñaría Agraria (15 persoas) e de Ciencias Ambientais (37 persoas). Xa o venres 18 de xuño no mesmo salón de actos Marie Curie, terá lugar a graduación da IX promoción do Grao en Dereito e da III promoción do Programa Conxunto Grao en Administración e Dirección de Empresas-Grao en Dereito. No acto haberá un recoñecemento ao profesorado xubilado da facultade, con retransmisión online.

As promocións que optaron por contar con familiares nas súas graduacións celebrarán os seus actos no Auditorio Municipal. Xeografía e Historia, formada por 24 estudantes, terá o seu acto o 12 de xuño. O día 17 de xullo, o Auditorio acollerá o acto do alumnado da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. Aínda hai graduacións pendentes de data.

Te puede interesar