NOTA

As bibliotecas inician o horario especial de apertura

A campaña de apertura de bibliotecas para o Nadal inclúe horario nocturno e de fin de semana ata o vindeiro 19 de xaneiro, agás os días 26 e 27 de decembro.

A Biblioteca Universitaria iniciou a pasada fin de semana unha nova campaña de apertura especial para facilitar ao alumnado a preparación dos exames do primeiro cuadrimestre. O novo horario manterase ata o vindeiro 19 de xaneiro e inclúe a apertura de fin de semana e a nocturna. Durante as fins de semana, agás a dos días 26 e 27 de decembro, as bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra manterán as súas portas abertas dende as oito da mañá ata as dez da noite. Neste horario tamén se inclúen os días festivos 8 de decembro e 6 de xaneiro. Nas mesmas datas, aínda que de nove da mañá ata as nove da noite, abrirá tamén a Biblioteca Central do campus de Vigo.
Ao igual que en anos anteriores, as bibliotecas centrais dos campus de Ourense e Pontevedra e a de Torrecedeira tamén estarán abertas polas noites ata as tres da madrugada. O horario nocturno abranguerá do 7 ao 18 de decembro, agás o festivo do 8 de decembro, e do 7 ao 19 de xaneiro.

21 de xaneiro, novo cuadrimestre
O período de rexistro na aplicación informática para introducir as cualificacións correspondentes ao primeiro cuadrimestre abriuse o pasado 16 de novembro e o prazo estenderase ata o vindeiro 6 de febreiro, se ven as clases do segundo cuadrimestre arrancarán xa o luns 21 de xaneiro. Con motivo do Nadal a docencia interromperase dende o mércores 23 de decembro ata o venres 8 de xaneiro, ambos os dous incluídos.
Na web da Biblioteca Universitaria pódese acceder en detalle a explicación dos horarios especias de apertura, así como ao catálogo e aos diferentes servizos ofrecidos.
 

Te puede interesar
Más en Universitas