O Centro de Linguas abre matrícula para o segundo cuadrimestre

centro_de_linguasgal1_result
photo_camera O Centro de Linguas abre matrícula e o prazo amplíase ata o 19 de xaneiro.

A oferta comprende un total de oito idiomas de distintos niveis e cursos especializados para persoal de administración e servizos da Universidade

Os membros da comunidade universitaria que teñan como propósito aprender ou mellorar o seu nivel de idiomas, teñen unha oportunidade grazas ao catálogo de cursos do Centro de Linguas para este cuadrimestre. Esperanza Rama, directora da Área de Centro de Linguas e Servizo de Tradución, explica a oferta “como unha continuación dos cursos impartidos no primeiro cuadrimestre”, aínda que no caso dalgúns idiomas, como francés, alemán, portugués ou lingua de signos, haberá clases desde niveis iniciais.

“Como xa vén sendo costume, en xaneiro ofertamos cursos intensivos de 40 horas naquelas linguas máis demandadas. O prazo de matrícula destes adiantouse ao 7 de xaneiro para concentrar a docencia na segunda quincena do mes, pero no resto de linguas alemán, inglés, portugués, español para estranxeiros, francés, italiano e lingua de signos, a matrícula estará aberta ata o 19 de xaneiro.

O inglés é o idioma coa oferta máis ampla do catálogo, con cursos de diversos niveis nos tres campus. Xunto co francés, esta lingua conta con seminarios de produción oral e escrita para preparar os exames oficiais de acreditación que tamén organiza o Centro de Linguas nos tres campus para estas dúas linguas e máis para o alemán.

Así mesmo, tamén haberá una oferta especializada de tres cursos para o PAS da Universidade, trátase de "Inglés académico-administrativo I", "Inglés económico II" e un curso inicial de "Atención ao público", con prazo de matrícula aberto ata o 16 de febreiro.n

Te puede interesar
Más en Universitas