UNIVERSITAS

Emprendedores que antes foron estudantes

_g1-2-_result
photo_camera Os responsables de Geométrica amosaron como é o seu traballo con drons.

No marco das Xornadas do Emprendemento, egresados relatan as súas experiencias empresariais

Ter ben definido o proxecto antes de botalo a andar, tentar especializarse nun ámbito específico e afondar nos teus intereses laborais, naquilo que che apaixona. Estes foron algúns dos consellos que na mañá deste martes trasladaron ao alumnado do campus emprendedores e emprendedoras que antes foron alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e da Escola de Enxeñaría Forestal. Fixérono no arranque das Xornadas do Emprendemento, unha iniciativa enmarcada no Pont-Up Store 2015 que ten por obxecto “que emprendedores potenciais ou en fase inicial poidan aprender da experiencia de outros, dos seus acertos e erros”, como sinala o seu director, o profesor Pedro Figueroa.

Un total de 16 mesas de debate, coloquios e relatorios, que se desenvolven en diferentes puntos do campus e da cidade integran o programa destas xornadas abertas a toda a cidadanía, que deron comezo na mañá deste martes coa celebración dun coloquio sobre emprendemento cooperativo no sector creativo, organizado pola federación de cooperativas Sinerxia no Edificio Administrativo da Deputación e polas dúas primeiras entregas de Ti tamén podes emprender!, un ciclo de coloquios que achegan aos estudantes o relato de egresados e egresadas que hoxe se atopan á fronte dunha iniciativa empresarial.
 

Te puede interesar
Más en Universitas