UNIVERSITAS

O equipo de Atletismo da UVigo promociona a carreira a pé

dsc3212_result
photo_camera Un momento da carreira Solidaria da Esclerosis 2015, en Bouzas.

22 membros da comunidade universitaria conforman o grupo adestrado por Jorge Castro

A Universidade de Vigo conta dende hai anos cun equipo mixto de atletismo integrado por membros da comunidade universitaria, que buscan obxectivos comúns, esto é, manterse en forma e apostar por unha vida saudable. Non son profesionais e non compiten, pero están federados para contar cun seguro en caso de lesións. O feito de non ser profesionais non lles impide participar en numerosas carreiras e maratóns, tanto en Galicia, como en Portugal, Chicago ou Nueva Yorke xa que cada ano marcan novos e apaixoantes obxectivos que fan deste deporte a excusa perfecta para estreitar lazos co resto dos integrantes da comunidade universitaria, coñecer espazos e cidades novas e manterse en forma. 


Jorge Castro Castro adestra o equipo de Atletismo da Universidade de Vigo dende hai tres anos. As citas son dous días á semana, os luns e os xoves, e o punto de partida o Parque de Castrelos. Alí, este curso, máis dunha vintena de homes e mulleres teñen unha cita co deporte e concretamente coa promoción da carreira a pé. Prepáranse deste xeito para numerosas citas deportivas, a maioría delas de 10 quilómetros. 


Castro anima a todo o mundo a sumarse a este grupo que aumenta cada curso xa que o atletismo é saudable e está de moda porse en forma e apostar por unha vida saudable.
No mes de xaneiro, co comezo do segundo cuadrimestre, todos os que queiran unirse a esta actividade do Servizo de Deportes están a tempo de facelo "non importa a condición física de cada un,hai xente que xa leva anos e outros comezaron este curso", comenta Castro, que engade que "todos os que queiran facer parte do equipo pasan previamente un recoñecemento médico", xa que é positivo facer deporte, pero máis importante é facelo ben.

Te puede interesar
Más en Universitas