UNIVERSITAS

Estudo para potenciar a difusión de Atresmedia en redes sociaisC

gal1-3-_opt
photo_camera Alumnado da facultade participará no "Proxecto Mañá" de Atresmedia

O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato,  asinou o convenio que rexe a participación dun grupo de estudantes no ‘Proyecto Mañana’ do grupo

Propor melloras e novas ideas que poidan servir ao grupo audiovisual Atresmedia para potenciar a súa comunicación a través das redes sociais. Ese é o propósito que rexerá o traballo que ao longo dos próximos meses desenvolverá un grupo de seis alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, baixo a coordinación do profesor Alberto Dafonte, no marco do Proyecto Mañana deste grupo audiovisual. A compañía busca “preguntar á xente nova que farían eles se estiveran no lugar” dos directivos do grupo. Así llo explicou o presidente de Atresmedia Cine, Mikel Lejarza, que se reuniu cos participantes nunha iniciativa na que, por primeira vez, está representada unha universidade galega, grazas ao convenio asinado nesta xornada polo reitor, Salustiano Mato, que amosou o seu desexo de que esta iniciativa sexa “unha primeira aproximación, un comezo para os moitos proxectos que podemos facer xuntos”.


Segundo explicou a decana do centro, Emma Torres, foi o propio grupo audiovisual o que seleccionou á facultade para tomar parte na quinta edición deste proxecto docente de innovación, ao que tamén concorren as universidades de Málaga e Navarra, a Pompeu Fabra de Barcelona e a Juan Carlos I de Madrid. “Para nós, é unha grande oportunidade, que sigue na liña que vimos mantendo de fomentar un traballo directo coas empresas e co sector, para que o alumnado teña unha experiencia global, académica e profesional, na súa formación”, salientou Torres.

Te puede interesar
Más en Universitas