Experiencias que permiten derrubar as últimas fronteiras da UE

gal1_result
photo_camera Cordal, Cancela, Berzi, Durá e López Mira reuníronse na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Investigadores da Universidade de Vigo e da UAB participan nun proxecto sobre cooperación territorial no campus de Pontevedra

Historicamente, as zonas fronteirizas foron concibidas como uns “territorios que eran e debían de ser periféricos, xa que os Estados non ían colocar fábricas ou hospitais en zonas que entendían vulnerables”, como apunta o profesor Celso Cancela. Mais esas dinámicas que “lastraron o desenvolvemento duns territorios que arrastran un déficit histórico” comezaron a mudar progresivamente co desenvolvemento da Unión Europea e a desaparición da clásica idea de fronteira en boa parte do vello continente. Foi así como comezaron a xurdir diferentes “experiencias de cooperación transfronteiriza”, que ao longo dos próximos tres anos serán estudadas por investigadores da Universidade de Vigo e da Autónoma de Barcelona (UAB).

Baixo a dirección do profesor da UAB Antoni Durá vén de porse en marcha o proxecto Cooperación territorial en España e a Unión Europea: selección de experiencias de excelencia e innovación, unha investigación que conta con financiamento do Ministerio de Economía e Competitividade e que levará aos investigadores de ambas institucións académicas a buscar exemplos de “boas prácticas de cooperación en territorios fronteirizos”, en ámbitos como o institucional, o empresarial, o medio ambiente ou os transportes. “Todas elas con elemento común, como é o concepto de innovación, entendido nun senso amplo”, explica Durá, que participou, xunto ao investigador Matteo Berzi, nunha xuntanza de traballo en Ciencias Sociais e da Comunicación.

Te puede interesar
Más en Universitas