Como a formación universitaria mudou a arte contemporánea

forac_result

Este coloquio tivo como obxectivo “facer unha cartografía dos problemas da aprendizaxe da arte na universidade”

“Actualmente, a meirande parte dos artistas menores de 50 anos pasaron por algunha facultade de Belas Artes de España e isto xerou un modelo de artista que debería ter un matiz diferente aos formados noutros espazos”, sinala o profesor Javier Tudela, coordinador da mesa redonda que promoveu na Facultade de BBAA un debate sobre os problemas e especifidades da formación universitaria no eido artístico.

Enmarcada na primeira Xornada sobre educación e formación na arte contemporánea desde museos, centros de arte, fundacións e institucións, que o Instituto de Arte Contemporánea (IAC), promove xunto con este centro do campus pontevedrés e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), este coloquio tivo como obxectivo “facer unha cartografía dos problemas da aprendizaxe da arte na universidade”.

A decana, Silvia García, e os docentes da Facultade Juan Fernando de Laiglesia, Anne Heyvaert e Ignacio Pérez-Jofre foron os protagonistas dunha mesa redonda que se completou coa participación da presidenta do IAC, Isabel Durán.

Te puede interesar
Más en Universitas