CONGRESO

Había unha vez… morte, naufraxios, guerras e desastres

an1_result
photo_camera As investigadoras e docentes Beatriz Rodríguez, Lourdes Lorenzo e Veljka Ruzicka

O 23 e 24 de abril reuniranse en Vigo expertos que abordarán tendencias actuais e perspectivas

Hace más de diez años, cada primero de mes, bajo al sótano, saco del baúl el hiyab blanco y me siento con él entre las manos. Unas veces río, otras me invade da nostalgia. La mayoría de las veces lloro… Pero, por lo general, me sirve para traer a la memoria un pasado que no quiero olvidar…” Así comeza La hija del Tuareg, a novela xuvenil de Francisco Díaz Valladares na que o escritor narra unha historia sobre o fenómeno da inmigración. Os éxodos de persoas, xunto cos naufraxios, a morte, as guerras e outros desastres, tanto na terra como no mar, son cuestións que durante moito tempo foron consideradas tabú e polo tanto silenciadas, pero que nos últimos anos están a ter cada vez máis presenza na literatura infantil e xuvenil. “Son temas pouco estudados pero aos que cómpre achegarse a través da ficción como medio de descubrir o mundo e os perigos que entraña a vida”, explica Veljka Ruzicka profesora do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo e presidenta do comité organizador do X Congreso Internacional da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (Anilij) que se celebrará en Vigo o vindeiro mes de abril.


Expertos e expertas internacionais no ámbito da investigación da literatura infantil e xuvenil participarán durante os días 23 e 24 nun simposio no que baixo o título Novos temas en la LIJ: Morte, Naufraxios, Guerras, Desastres … na Terra e no Mar se analizarán as tendencias actuais e as súas perspectivas, sobre todo no campo da investigación universitaria, tanto dentro como fóra de España. E é que, segundo Ruzicka, “esta literatura tan necesaria para a formación de lectores debe ser máis considerada na universidade tanto desde a docencia como desde a investigación, pois aínda que en poucos anos se deron pasos de xigante, aínda son moitos os investigadores e docentes que denuncian a súa ausencia nos programas de grao, posgrao, mestrados e doutoramento, o que leva a que a investigación tamén sexa reducida”.


A celebración do congreso prodúcese, segundo a docente da Universidade de Vigo, nun momento bastante bo para a investigación en literatura infantil e xuvenil, “aínda que si o comparamos coa literatura institucionalizada de adultos, aínda non acadou a suficiente consideración e non é tan apoiada polas institucións científicas”, polo que cómpre facer moitos esforzos para que este ámbito acade o mesmo nivel que a chamada literatura para persoas adultas.

Te puede interesar
Más en Universitas