La Mina imponse nas eleccións ficticias de CCSS e da Comunicación

O partido La Mina converteuse, con 122 votos, no gañador dunha nova edición das eleccións ficticias que promove o profesor Xosé Rúas

Cunha ampla diferencia respecto aos seus rivais, o partido La Mina converteuse no gañador dunha nova edición das eleccións ficticias que, desde hai máis dunha década, promove o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Xosé Rúas, no marco da materia Técnicas de comunicación electoral e institucional.

Catro partidos ideados polo alumnado de Publicidade e RRPP protagonizaron ao longo das dúas últimas semanas a campaña electoral previa ás votacións nas que tomaron parte 257 membros do alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do centro, unha das participacións máis elevadas. Destes 257 votos, 122 foron para a formación gañadora, fronte aos 53 do partido Meme e os 39 logrados tanto por La Red como por Empanados, aos que suman as 4 papeletas declaradas nulas.

“A verdade é que estamos moi contentos de que a xente nos apoiara, de que lle gustara o noso partido máis aló de que non désemos comida nin fixésemos ruído, que valoraran as propostas, actividades e cursos”, salientaba a candidata de La Mina, Tania Castelo, tras coñecerse gañadores das eleccións nas que xogaban 2 puntos da súa cualificación final na materia.

Te puede interesar
Más en Universitas