ANDAINA

Novidosa ruta cultural polas fragas dos ríos Calvo e Deva

photo_camera Un momento da pasada ruta, a primeira do curso polo Ribeiro e Pena Corneira.

O 14 de novembro celébrase a segunda andaina neste curso.

O sábado, 14 de novembro, hai unha nova cita das Rutas Culturais organizadas polo Servizo de Deportes da Universidade de Vigo. Nesta ocasión trátase de descubrir un novo percorrido na denominada Ruta Fragas e Levadas do Calvo e Deva. Como en todas as demais rutas, o prazo de inscrición está aberto e ata o luns anterior á ruta, restrinxido á comunidade universitaria. Do martes ao xoves a inscrición ábrese ao público en xeral ata completar as prazas. 

Esta segunda ruta conta cun total de 18 quilómetros de dificultade baixa e os participantes percorrerán A Ponte, Pardiñeiro, O Rial e As Caldas. A ruta inclúe ademais paradas interpretativas ao longo do percorrido: fragas dos ríos Calvo e Deva.

GRAN ÉXITO DA PRIMEIRA RUTA
As Rutas Culturais 2015/2016 arrancaron o 24 de outubro coa Ruta do Ribeiro- Pena Corneira. O coordinador desta actividade  José García-Calvo, Willy, destaca a gran participación "foron 70 persoas as que acudiron a primeira ruta, unha cifra moi importante ao tratarse da primeira" e destaca dous aspectos relevantes desta ruta "primeiro o trato exquisito da Adega Ramón do Casar e por outra banda a volta dos Erasmus ás rutas, xa que nesta contamos con oito e para eles estas actividades son sempre moi froitíferas e é outra maneira de coñecer Galicia", engade Willy, que anima a todo o mundo a participar nestas actividades nas que o pasan moi ben e é unha estupenda xornada de convivencia, cultura e deporte.n

Te puede interesar
Más en Universitas