Letras Galegas 2022

150 actos de homenaxe para Florencio Delgado Gurriarán

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade presentou onte a programación para o Día das Letras Galegas de 2022, que inclúe máis de 150 actividades dedicadas ao poeta corgomés Florencio Delgado Gurriarán. A axenda de actividades, segundo explican desde a Xunta, está impulsada ademais de polo executivo autonómico, por institucións como a RAG, o Consello de Cultura Galega e diversas empresas e administracións locais.

Dentro do abano de actividades inclúense proxectos expositivos, espectáculos, actuacións musicais, obradoiros en bibliotecas, contacontos ou especiais na CRTVG, que emitirá ao longo de maio as micropezas “Polos vieiros de Florencio”. Tamén se impulsarán accións para implicar á sociedade, como lecturas públicas, concursos de podcast ou a Carreira das Letras.

A programación abrangue tamén o ámbito educativo e académico. O titular da Consellería, Román Rodríguez, resaltou “o papel fundamental que terá no exterior”, incluíndo festivais culturais en Nova York e México.

Te puede interesar