Cultura

O dúo Apatacón actuará en Larouco polo Día da Muller Rural

Centro de Larouco. (Arquivo)
photo_camera Centro de Larouco. (Arquivo)
Será ás 19,00 horas o venres, 15 de outubro, no salón de actos de Larouco
O tándem formado pola narradora Vero Rilo e a cantante Faia Díaz, esta última coñecida por ser parte do grupo De Vacas, actuará en Larouco o vindeiro venres, 15 de outubro. Será co seu traballo “Por unha Peseta” onde mesturan ambas disciplinas. O motivo da súa actuación é celebrar o Día da Muller Rural e terá lugar no salón de actos de Larouco ás 19,00 horas. A actividade está organizada polo Concello de Larouco.

Te puede interesar