A área sanitaria está asegurada, segundo defende o PP valdeorrés

Los alcaldes e portavoces do Partido Popular da área de influencia do Hospital Comarcal Valdeorras, ante as manifestacións feitas públicas pola Conselleira de Sanidade, Dona Pilar Farjas, na súa visita ao hospital en O Barco, respaldan unanimemente e ao 100% as declaracións realizadas pola Conselleira e queren deixar claro á opinión pública que o HCV e a Área Sanitaria vense reforzados ao manter a súa xerencia, con capacidade de autoxestión e incrementada pola integración na mesma da Atención Primaria.
Dende o PP valdeorrés siñalan que 'as inversións que se van a acometer este ano no hospital, triplican ás realizadas polo bipartito (PSOE-BNG) nos catro anos que gobernaron.

'A Xunta investirá este ano no HCV 850.000 en material necesario para o bo funcionamento do mesmo fronte aos 244.000 invertidos en catro anos polo anterior goberno', enganden.

'Por todo elo instamos á Plataforma en Defensa da Saúde Pública de Valdeorras a que desconvoque a manifestación do vindeiro día 3 dado que non existen motivos para a mesma', estiman dende o PP. 'Instamos tamén á opinión pública que non consintan manipulacións colectivas', sentencian os representantes populares.

Te puede interesar