PROVINCIA

Baltar reúne en Trives a máis de 150 compromisarios do PP

<p></p>
photo_camera Manuel Baltar, durante a súa intervención diante dos compromisarios de Valdeorras, Trives e Terra de Caldelas.

O candidato á presidencia provincial do partido comprométese a completar o proceso de renovación

“Un partido en continua evolución debe, necesariamente, dar a oportunidade a persoas que acheguen novas ideas e cheguen á política con novas forzas”. Así se expresou onte pola tarde en Trives o candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, no transcurso dun encontro que mantivo con máis de 150 compromisarios do partido pertencentes ás comarcas de Valdeorras, Terra de Caldelas e Trives que participarán no congreso provincial que se vai celebrar o vindeiro día 5 de marzo.

Manuel Baltar subliñou que o Partido Popular de Ourense é desde fai tres anos a organización política máis dinámica de toda España, afirmación avalada pola renovación do 70 % de liderados nos 72 congresos locais xa celebrados. Para o novo mandato, o candidato á presidencia provincial do partido comprométese a finalizar este proceso de renovación convocando a vintena de congresos locais que aínda restan por celebrar, con especial atención ao congreso de Ourense cidade.

Manuel Baltar suliñou, así mesmo, a renovación que se está a impulsar tamén ten entre os seus obxectivos ás Novas Xeracións do Partido Popular, que no novo período deberán convocar o seu congreso provincial.

Pero a renovación dos liderados tamén precisa da incorporación de novas persoas ao partido, polo que Manuel Baltar plasmou no seu programa a posta en marcha dunha campaña de afiliación para a que, ademais, se estudará a incorporación de descontos nas cotas para desempregados e familias numerosas.n
 

Te puede interesar