O Barco acollerá a convivencia de Cholo e Nela 2024

Un momento de la actuación de Cholo y Nela en la última edición en Trives, año 2019.
photo_camera Un momento de la actuación de Cholo y Nela en la última edición en Trives, año 2019.
Na última edición de 2019 en Trives, preto de 500 alumnos disfrutaron da experiencia

A convivencia Cholo e Nela xa ten data de volta. Tras catro anos de parón, e tal e como tiñan previsto no CEIP Julio Gurriarán onde naceu, o 30 de maio do 2024 volverá a celebrarse no centro xermen que a viu nacer. Así o di Nacho Hermida, ideólogo desta actividade coma conxunto de experiencias en forma de talleres con temas transversais e de educación en valores nas aulas de Educación Infantil. Coma membro do grupo de traballo que leva o nome da convivencia, conta que “despois de todos estes anos pandémicos, no 2023 estivemos a piques de facelo, pero o Cholo e Nela é unha actividade de nenos moi pequenos que sempre ten algunha experiencia con comida ou bebida e dábanos un pouco de medo porque ainda había brotes de covid e estabamos con certo reparo”. 

Na última edición, a do ano 2019, os participantes, preto de 900 persoas en total, desprazábanse ata o CEIP Manuel Bermúdez Couso de Trives. No 2020, a pandemia paralizou o Cholo e Nela que había de celebrarse no CEIP Condesa de Fenosa do Barco. Naquel momento, os responsables traballaban nun proxecto chamado “O Camiño da Lingua”, con referencias ó Camiño de Santiago. “E todos estes anos, todas as cancións que fixemos xiran ó redor do mesmo tema”, conta Hermida, “porque non deixamos de traballar nin un ano, Cholo e Nela sempre estivo presente todo este tempo”. 

Así que todas as cancións, todas as propostas destes anos, terán finalmente saída o próximo maio na nova edición que levará por título “Cholo e Nela, Camiño de ida e volta”, en referencia ó Camiño de Inverno “para poñelo en valor, porque é o que pasa pola nosa bisbarra”. E se todos os anos, a convivencia tiña un hit de referencia, este ano haberá ata seis cancións “porque se foron facendo durante todo este tempo”. As lendas, os trazados, a historia da ruta xacobea terán especial atención nas actividades da conviviencia pero tamén, como explica o profesor do Julio Gurriarán, “a igualdade, o respecto, a defensa da lingua, etc., sempre desde a escola pública e a nivel do ciclo de Infantil”. 

Máis participación

A edición 2024 terá ademáis, máis sorpresas. A pesares de que algúns centros de fora da comarca xa participaron nalgunha edición da convivencia, este ano poderá chamarse interprovincial porque contarán coa participación dun centro de Monforte de Lemos (Lugo) e outro de Cubillos del Sil (León). “Esta edición será moito máis numerosa pola participación de centros de fora pero tamén porque queriamos incluir a nenos de primeiro e segundo de Secundaria que se perderon as convivencias”. A idea “está cobrando cada vez máis forza”, pero aínda “temos que ver se pode ser asumible, estamos esperando a que os coles nos pasen os datos para ver o número de nenos e nenas que serían en total”, conta Hermida. 

O pasado mércores, o grupo de traballo facía a primeira reunión no centro educativo do Barco e as impresións, según conta Hermida, “foron moi boas”. A posta en marcha deste proxecto “necesita da implicación persoal de moita xente para que saia adiante”. 

A idea de retomar a convivencia tamén veu, según conta, polo reclamo na rúa, porque “a xente pedía a Cholo e Nela, a pandemia xa pasou, nos teñen dito, xa non hai excusas”, comenta rindo. Porque a actividade logrou a implicación de docentes, pais e nais, e todo tipo de personal de axuda, que foi o que ano tras ano conseguiu sacala adiante. “A verdade é que non é normal ver a tantas nais e pais implicados”.  

Te puede interesar