O Barco repartiu 1.100 camisetas contra a violencia de xenero

O día 25, ás 12,00 horas, celebrarase unha concentración diante da Casa do Concello e entre os días 24 e 27 proxectarase no Teatro Lauro Olmo a película "Freeheld".

O Barco acolleu onte a presentación da campaña "Valdeorras en negro", que se desenvolverá entre o 21 e 27 de novembro, con motivo do Día contra a Violencia de Xénero, que se celebra o 25 de novembro. Con este motivo, o Concello barquense repartiu 600 camisetas co lema "Valdeorras en negro", no municipio do Barco, e outras 500 nos concellos de Vilamartín, A Rúa e Petín, que se sumaron a esta iniciativa.

O día 25, ás 12,00 horas, celebrarase unha concentración diante da Casa do Concello e entre os días 24 e 27 proxectarase no Teatro Lauro Olmo a película "Freeheld".

Te puede interesar