Valdeorras

O Concello de O Barco busca un tesoreiro interino

O prazo de presentación de solicitudes de participación neste proceso selectivocomeza a contar dende o día  seguinte  ao que  se publique no Boletín Oficial da Provincia.

 O alcalde de O Barco, o socialista Alfredo García, convocou mediante decreto o proceso e aprobou as bases reguladoras  da  selección dun funcionario  interino de administración  especial para exercer o labor de tesoreiro municipal. 
O prazo de presentación de solicitudes de participación neste proceso selectivocomeza a contar dende o día  seguinte  ao que  se publique no Boletín Oficial da Provincia.


O obxecto da presente convocatoria é  cubrir interinamente  mediante concurso oposición libre esa praza, da que precisa o Concello barquense. 
A praza ten un nivel de destino 25 e un complemento específico anual de 13.463,55 euros (14 pagas).
O técnico que obteña a praza tamén se ocupará de coordinar as labores da Recadación municipal, así como de controlar a actividade recadatoria do Concello.

Te puede interesar