VALDEORRAS

A convocatoria máis novidosa

photo_camera Os nenos gaiteiros participaron por primeira vez neste certame.

Distintas bandas da provincia ourensá danse cita en Trives e na estación de montaña de Manzaneda, onde hoxe, ás 11,00 horas, participarán nunha competición. O evento introduce este ano, entre outras novidades, os cantos de seitura

A novena edición do Certame celtibérico de bandas de gaitas regresou á estación de montaña de Cabeza de Manzaneda para reunir, un ano máis, a gaiteiros procedentes de toda a provincia co obxectivo de poñer en valor o instrumento galego máis senlleiro. 
Os actos comezaron durante a mañá do sábado na praza do Concello de Pobra de Trives, onde tivo lugar unha mostra de bandas de gaitas na que participaron a Xuntanza de Catalunya, a Real Xuvenil da Deputación e a banda do Concello de Trives. 

Xa pola tarde, a festa transladouse á estación de Manzaneda, que foi o esceario do primeiro Serán da seitura de Manzaneda -Memorial Ludivina Pérez Ricoi- e que estivo presentado por Manola Porto. Os cantos de seitura son unha das novidades, ademáis dos nenos gaiteiros, para esta nova entrega do evento e trátase de melodías populares que se interpretaban para acompañar o labor no rural. 

A guinda á xornada do sábado foi a presentación do "Método de tambor galego", de Andrés Vilán, que deu paso á "Noite Celta", un espectáculo que estivo protagonizado por Noriko Ishizuka con Lois Castro, a Real Xuvenil, Isidro Vidal, Óscar Ibáñez con Andrés Vilán e as Cantareiras da Real Banda. Ao remate, o "druída" Gwynvid fixo unha queimada para deleitar a todos os presentes. 

A festa retomarase hoxe domningo, ás 12,00 horas, cunha exhibición de gaita que terá lugar na estación de Manzaneda.

Te puede interesar