Letras Galegas

Córgomo rendiu homenaxe ao poeta Florencio Delgado

Anxo Baranga, na lectura dun texto ante a tumba de Florencio Delgado.
photo_camera Anxo Baranga, na lectura dun texto ante a tumba de Florencio Delgado.
A aldea do protagonista do Día das Letras Galegas de 2022 asistiu ós actos do cemiterio e a rúa

A aldea natal do poeta Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) foi escenario de dous actos, organizados dentro das actividades enmarcadas no premio de poesía que leva o nome do protagonista do Día das Letras Galegas 2022. O primeiro deles desenvolveuse no cemiterio e correu pola conta do pollifacético Anxo Baranga, quen dedicou unhas verbas ao bardo vilamartinés. 

“Que diría Florencio da falta de mans para as vendimas, que empezarán a semana que vén? Da perda de poboación de Córgomo? De Valdeorras? De Galicia? Que diría destas guerras que están pasando no mundo?”, expuso ante la tumba del homenajeado. Ao rematar, tres gaiteiros interpretaron o Himno Galego.

Seguidamente, o acto trasladouse a unha rúa do pobo, onde os participantes asistiron ao recital poético que ofreceron Jorge Moral Vidal, Andrea Maneiro, Xabier Xil Xardón, Raúl Gómez Pato, Arancha Nogueira e Bea Saiáns. Todos eles galardoados en edicións anteriores do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.

Numerosos veciños de Córgomo acudiron a uns actos nos cales estiveron representados varios concellos e o Instituto de Estudios Valdeorreses.

Te puede interesar