Cristina de la Torre: "O significado que teñen as covas para a xente é a clave deste documental"

Cristina de la Torre na adega As Pinguelas da Rúa.
photo_camera Cristina de la Torre na adega As Pinguelas da Rúa.

Entrevista a Cristina de la Torre, directora del documental “Covas” 

“Cando fago documentais, máis que quedar coa xente, gústame atracala; nun día de festa coveira, chegar alí a primeira hora, cando todavía non hai xente, é a clave para captar esa enerxía tan especial, porque nun día tan importante o que che van contar é máxico”. Así describe a polifacética Cristina de la Torre o seu traballo no último proxecto no que se viu mergullada fai uns meses, por “encargo” da Ruta do Viño de Valdeorras, e que onte volveu á Rúa, desta vez á gran pantalla do Centro Cultural Avenida. 

De que trata o documental “Covas”?

Nun primeiro momento se plantexou desde a perspectiva publicitaria, pero a perspectiva antropolóxica e de aquitectura tradicional era máis forte. Así que, sen deixar de lado a parte festiva, enfocamos a mirada cara a xente, para descubrir qué significan esas arquitecturas para os que as manteñen xeración tras xeración con gasto e esforzo. Ese significado que ten para a xente é un dos pilares do documental. Se hai unha arquitectura que representa a Valdeorras é sen dúbida as covas de viño. 

28 minutos de curta con moito traballo detrás…

Foron dous anos de traballo que se amosan en formato auditorio durante un ano, para que a única maneira de ver o documental sexa xuntándose para velo, mantendo así a esencia das covas coma espazos de socialización. De toda a experiencia eu quédome ca forma que ten a xente en Valdeorras de axudarte en todo o que pode. O ano que ven xa se porá aberto online. 

Satisfeita co resultado?

Eu estou contenta porque o traballo cumpre a súa doble funcion: contarnos cara fora e tamén cara dentro. Porque realmente creo que non coñecemos o que temos na comarca. Por iso fixemos as estreas do documental como as fixemos, e foi moi interesante que a xente que foi á estrea de Seadur non sabía que había covas na Rúa. E o revés. A min gústame pensar que o documental non conta todo porque é unha apertura de boca para querer descubrir máis.

Son turismos diferentes o da Ruta e o das covas?

O turismo que poden xerar as covas eu o vexo coma un turismo sostible, e así tamén o plantexan desde a Ruta do Viño. Que o que amosas teña un significado para quen forma parte dese turismo, non é tanto que chegue un autobús e a xente baixe a ver unha cova coma que sexa unha experiencia significativa para quen vaia. Quen che vai abrir a cova, vaiche a contar historias moi súas. Agora queda a tarefa pendente de ver cómo integramos todo ese patrimonio privado dentro das posibilidades de poder amosalo ou contalo in situ. Que é un traballo que hai que facer

Te puede interesar