A DO Valdeorras promociona os seus viños en A Coruña

Vista do showroom no Hotel Fisterra de A Coruña.
photo_camera Vista do showroom no Hotel Fisterra de A Coruña.

“Co obxectivo de promocionar e dar a coñecer os mellores brancos e tintos que producimos en Valdeorras e que están a conquistar todo tipo de padais”, a Denominación de Orixe Valdeorras desprazouse ata a cidade de A Coruña. Así o expresaba o máximo responsable do Consello Regulador, José Ramón Rodríguez Castellanos, desde o acto promocional da entidade que se mantivo, ó longo de todo o día, nas instalacións do Hotel Finisterre. 

Dezanove adegas estiveron representadas a través dos seus viños, “case a metade das que conforman o territorio amparado”, formando parte de diferentes actividades “orientadas a prescriptores e públicos especializados” pero tamén a outro tipo de público “máis xeralista”. Segundo expresou Rodríguez Castellanos, o obxectivo é dar a coñecer o noso potencial vitivinícola ao maior número de persoas posible para que saiban que somos o berce do godello, pero que tamén somos quen de elaborar tintos dunha excelente calidade”. 

Cata

Os actos xa daban comezo o día anterior, o luns día 6, ca celebración dunha cata para público profesional que foi promovida polo equipo do sumiller Luis L. Paadín, e foi dirixida polo director técnico do Consello Regulador, Jorge Mazaira. Desde a DO explicaron que os participantes, un grupo de trinta, entre eles sumilleres, adegueiros, consumidores especializados, xornalistas e bloggers, foron informados, ca finalidade da divulgación, sobre “datos técnicos e curiosidades sobre o xeito de elaborar viños nun territorio amparado, o de Valdeorras, que se caracteriza por contar cunha gran variedade de solos para o cultivo da uva”.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, interesouce por coñecer de primeira man os viños de Valdeorras e desprazouse ata o Hotel Finisterre para visitar o showroom e así coñecer o bo facer vitivinícola da comarca. 

O acto de promoción tivo lugar durante a maior parte da mañá e continuou despois pola tarde. Os adegueiros que decidiron desprazarse e estar presentes no evento, ofreceron unha degustación do mellor das súas colleitas nun acto aberto a todo tipo de público, que xerou unha gran expectación e afluencia de visitantes.

Te puede interesar