A exposición sobre Delgado Gurriarán visita A Coruña

Florencio Delgado Gurriarán.
photo_camera Florencio Delgado Gurriarán.

O Fórum Metropolitano da Coruña mostrará entre o 26 de setembro e o 8 de outubro a exposición “Florencio Delgado Gurriarán: Bebedeira de Ensoños”, baseada na figura do poeta valdeorrés que a Real Academia Galega elexiu para protagonizar o Día das Letras Galegas do presente ano. A iniciativa partiu do colectivo Valdeorras Infinda, xunto coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

A mostra está subvencionada polo Concello do Barco de Valdeorras e é comisariada polo historiador Ricardo Gurriarán Rodríguez. Data de 1999, mais os seus organizadores advirten que o contido goza de “plena e actual vixencia”.

A exposición consta de 26 paneis centrados na vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), con imaxes e textos que conforman un amplo percorrido pola aportación do autor á vida cultural, social e política galegas.

Te puede interesar